A Asociación
Asociación de Esclerose Múltiple do Morrazo
Na primavera do 2021 nace a Asociación de Esclerose Múltiple do Morrazo. A ilusión por este proxecto, visibilizando a EM e apoiando aos doentes e familias da Comarca, foi o motor que nos deu forzas para mover esta Asociación. O camiño non foi sinxelo, pero chegou a bo porto co traballo da xente. Persoas que colaboraron de forma desinteresada para acadar tódolos obxectivos que nos propuxemos. Soamente puido pararnos a COVID 19 que nos obrigou a deixar na recámara varias actividades. O esforzo mereceu a pena, xa que serviu para coñecer a xente marabillosa e lograr un apoio formidable, non só dende o ámbito sanitario se non dende as empresas e outras asociacións e colectivos. Agardamos seguir traballando con eles nun futuro e lograr grandes cousas.
Que é EMMO?
- EMMO é un punto de información onde podes obter respostas e consello así como o apoio en tódalas facetas da EM.
- EMMO é un lugar de reunión na comarca do Morrazo coa finalidade de brindar apoio e atopar un lugar común para os veciños diagnosticados de Esclerose Múltiple.
- EMMO é parte activa da sociedade da comarca coa intención abrir camiños de colaboración, tanto nas institucións públicas como nas empresas da contorna.
- EMMO é unha ferramenta de visibilización da enfermidade a través de eventos.
Compromiso
- Apoiar aos pacientes con Esclerose Múltiple e enfermidades semellantes para coñecela máis e conseguir un mellor tratamento dende tódolos ámbitos e así mellorar a súa calidade de vida.
- Formar unha rede de soporte para a familia e demais persoas que conviven coa enfermidade.
- Sensibilizar á sociedade en xeral para mellorar o coñecemento sobre a enfermidade, investigación e servizos ao noso alcance.