Novas
Ioga Terapia
22 de xullo de 2022 EMMO Eventos
Para pechar xullo, propoñémosvos un obradoiro de Ioga.
Traballaranse exercicios de respiración e movementos suaves para que poidan servir como recurso no día a día.
Para aproveitar o bo tempo, farase no Muiño de Fausto, só tendes que traer unha esterilla, pano grande ou manta e unha botella de auga.
🆓 Actividade gratuíta para socios, acompañantes e simpatizantes.
📍 Muiño de Fausto, Coiro, Cangas https://goo.gl/maps/7KApstCkWVxr39tw7
📆 Sábado 30
🕡 11:00 AM
Máis información e inscricións en info@emmo.gal e no 691 83 50 79
Agardamos vervos a todos alí!
EMMO