110 Km para visibilizar a Esclerose Múltiple


Raquel Carragal Da Costa, do Estudo de Pilates Aläia, unirá Sarria con Santiago de Compostela correndo entre os días 6 e 7 de novembro co fin de visibilizar a Esclerose Múltiple.

Cada ano se diagnostican 1.800 novos casos no noso país. A Esclerose Múltiple afecta a 47.000 persoas en España, a 700.000 en Europa e a 2.5 millóns de persoas en todo o mundo.

Axúdanos a darlle visibilidade e compartide!